
A pesar da carencia dos avances tecnolóxicos máis recentes, o colexio no que me atopo facendo as prácticas, aproveita ao máximo as posibilidades que lle brinda o acceso a internet.
O centro ten
blog, no que o Responsable de Calidade, o grupo de Mellora así como varios profesores. Neste blog as actualizacións consisten en avisos sobre as reunións dos distintos departamentos e grupos que traballan para obter a certificación de centro de CALIDADE.
O centro tamén ten unha
páxina web proporcionada pola Xunta onde se recollen as novidades dos distintos organismos (ANPA, Departamento ou Ciclos, Administración...) e outros datos de interese como a Revista Dixital, o menú do Comedor Escolar, as rutas do Transporte Escolar, etc. Nesta páxina tamén podemos ver fotografías de actividades feitas polos alumnos así como, saídas e excursións.