viernes, 26 de diciembre de 2008

Novas tecnoloxías no centro escolar de prácticas IV




Na segunda planta, o centro, ten un aula de informática. Nela impártense as clases de informática nos cursos da ESO e a demais dentro dun horario calquera clase pode apuntarse nas horas libres para utilizala, xa que os cursos de primaria teñen máis flexibilidade de horarios que en secundaria.

Este é o mesmo caso da aula de audiovisuais, a cal é unha parte aislada da biblioteca e que sigue o mesmo sistema de turnos que a aula de informática.



viernes, 5 de diciembre de 2008

Novas tecnoloxías no centro escolar de prácticas III


Un ordenador en cada aula: Cada aula do colexio ten un ordenador, tamén as de Educación Infantil, aínda que pola curta idade dos alumnos no se lles da demasiado uso de non ser por certos programas adaptados ou para o visionado de videos. A maioría dos ordenadores do centro teñen como sistema operativo Linux, xa que ao ser un software libre abarata a instalación de ditos ordenadores.

jueves, 27 de noviembre de 2008

Novas tecnoloxías no centro escolar de prácticas II


Ao facer as prácticas cos pequenos de tres anos non utilizan demasiados programas informáticos, pero lle dan outro uso aos ordenadores, como o visionado de vídeos ou a audición de cancións.
Na biblioteca existe un equipo audiovisual con este obxectivo. Unha televisión con vídeo e DVD
ao que os docentes poden acceder libremente.
O venres da semana pasada os nenos de Ed. Infantil déronlle uso co visionado duns debuxos animados, xa que a última hora do venres soen estar bastante canso e é difícil realizar segundo que actividades con eles.

(Imaxe:: onionzeta.wordpress.com/2008/04/)

domingo, 23 de noviembre de 2008

Novas tecnoloxías no centro escolar de prácticas I


A pesar da carencia dos avances tecnolóxicos máis recentes, o colexio no que me atopo facendo as prácticas, aproveita ao máximo as posibilidades que lle brinda o acceso a internet.

O centro ten blog, no que o Responsable de Calidade, o grupo de Mellora así como varios profesores. Neste blog as actualizacións consisten en avisos sobre as reunións dos distintos departamentos e grupos que traballan para obter a certificación de centro de CALIDADE.

O centro tamén ten unha páxina web proporcionada pola Xunta onde se recollen as novidades dos distintos organismos (ANPA, Departamento ou Ciclos, Administración...) e outros datos de interese como a Revista Dixital, o menú do Comedor Escolar, as rutas do Transporte Escolar, etc. Nesta páxina tamén podemos ver fotografías de actividades feitas polos alumnos así como, saídas e excursións.